O Reino de Galiza
coñecer o pasado
para construirmos o futuro
Sancha e Dulce, as raíñas que puideron ser
A confrontación con Castela marcou a historia da Galiza desde mediados do século XI. A esta dialéctica responderon as diversas alternativas defendidas polas nosas clases dirixentes até a separación da área castelá do reino galego, formulada, primeiramente, polos monarcas Fernando I e Sancha I e sancionada polo seu neto Afonso VII. Nesta dinámica, a morte de Afonso VII abriu a porta a comezo da incorporación subordinada do Reino de Galiza á Coroa Castelá.
O galego no Reino de Galiza. Un idioma para un territorio marxinal?
Se ben é certo, que nos estudos sobre a lingua e nos manuais académicos adoitamos tocar a evolución da lingua galega ao longo dos séculos, semella contraditoria a crenza que di que o galego foi un idioma de prestixio no contexto da inexistencia dun Reino ou no mellor dos casos, da súa existencia mais cun papel meramente marxinal.
Unha interpretación da historia medieval da Galiza
Os libros de texto dos nosos escolares cínguense na Galiza a esta versión, non tolerándose discrepancia ou crítica sobre a cuestión. Convén termos presente que esta teoría, esta percepción, do mundo medieval peninsular pivota na crenza de, nesas circunstancias, existir a idea dunha España «empeñada en la recuperación del suelo patrio», que estaba baixo poder musulmán, recuperando así a mítica unidade do reino godo.
Cálices e trevos galegos na emblemática medieval europea
Apuntamentos sobre o brasón que en Europa identificou o reino da Galiza, concretamente ao longo da segunda metade do século XV. Unhas armerías estas, con cálices e trevos, que mercé da literatura nos conectan con outras nacións atlánticas e nos fan un oco non só entre as pezas literarias, míticas e cabaleiresca de finais do medievo, senón tamén coa iconografía heráldica dos antigos reinos de Europa.
Coñece máis do proxecto
Neste ano 2022 a área de Cultura da Deputación da Coruña lanzou uns fondos para a divulgación de Proxectos Culturais do Reino de Galiza. A iniciativa foi un completo éxito e, cun límite de financiamento de 20 proxectos, presentáronse máis de 120 propostas.
Orgullo Galego forma parte deses 20 proxectos escollidos polo xurado, onde podemos atopar documentais, roteiros, videoxogos, etc., en definitiva, moitísima calidade que mostra a riqueza e importancia que ten este período no conxunto do pobo malia o ocultamento ao que o teñen sometido.
Entre os meses de xullo e novembro desenvolveremos un ambicioso proxecto nas nosas redes sociais mais que terá como centro neurálxico esta páxina web.
Conversas
Os directos de Orgullo Galego sobre o Reino de Galiza retransmítense en Twitch e súbense posteriormente a YouTube.
Podes atopar a transmisión en directo ou a nosa canle de Twitch na fiestra que tes na parte superior a este texto.