No presente proxecto que está a desenvolver Orgullo Galego sobre o Reino de Galiza, tocáronse temas moi importantes como a galaicofobia e o poder do Reino, a propia Galiza como centro de peregrinación mediante o Camiño de Santiago, a importancia do Panteón Real da Catedral de Santiago e numerosos sucesos que teñen un punto en común, o peso político, cultural e económico que o Reino de Galiza tivo durante varios séculos. Tamén dentro deste proxecto, unha das conversas con maior suceso é a que se mantivo con Anselmo López Carreira baixo o título “A desaparición do Reino de Galiza na historiografía española”.
Todos estes artigos e conversas online gozan dun elemento importantísimo que ten que prevalecer no campo da investigación histórica, a rigorosidade e o acceso ás fontes historiográficas. Como ben estudamos da man do profesor e historiador Anselmo López Carreira, a historiografía española trazou unha narrativa – cuns claros intereses políticos- que procuraba xustificar a existencia dunha nación española que tivo continuidade e tradición durante moitos séculos, historiografía que nega a existencia do Reino de Galiza agás en momentos moi concretos e sen outorgarlle maior peso político e económico.
Unha suposta nación de 2000 anos de historia
Non podemos esquecer que na tentativa de unificar o estado e a nación, é onde se agocha esa historiografía que busca as orixes de España no comezo dos tempos, algúns xa desde os visigodos, outros desde os romanos e outros máis ousados desde 2000 anos antes. Por suposto, a historia en todos estes séculos vai entrelazada e hai algo inmutable, a idea de España, e polo tanto rexeita que o que hoxe recibe ese nome de España é unha creación recente, dos séculos XVIII e XIX.
Este relato milenario parte, no mellor dos casos, dunha suposta provincia romana chamada Hispania, para entender a construción deste discurso debemos aclarar que o concepto “Hispania” si existiu, referido a unha denominación xeográfica que abranguía varias provincias romanas (entre elas, a Gallaecia). O discurso afirma que nos seguintes séculos chegarían os visigodos, un pobo cristián, unificador da Península Ibérica e mesmo usando os famosos Concilios de Toledo coma o berce do parlamentarismo. A respecto disto, non se valora importante que os reis visigodos asumiran os reinos de Hispania, Gallaecia e Septimania ou que nos propios concilios relixiosos como o do ano 589 en Toledo, estiveran presentes bispos de toda Hispania, Galia e Gallaecia, incluso obvian cando a Gallaecia tivo un rei visigodo, Vitiza de quen din, tivo a corte en Tui, aínda que isto último non está confirmado.
E que papel teñen os suevos en toda esta construción discursiva social, histórica e política? Pois ben, ningún, os suevos directamente non existen, tampouco os bizantinos -estabelecidos no sur da Península- e polo tanto o Reino Suevo nin importa nin existe, xa que o seu papel rompe esta secuencia que estamos a desenvolver. De toda esta construción sesgada da historia, por parte da historiografía española, tivemos (e seguimos tendo) como resultado unha case nula presenza do Reino Suevo – o primeiro de Occidente – nos manuais académicos dos centros de ensino e das universidades.
Posteriormente aos visigodos xorde outro grande problema: a chegada dos musulmáns á Península Ibérica. Para este problema tamén se achega unha solución por parte da historiografía española: o Reino de Asturias e unha reconquista que durará nada máis e nada menos que 700 anos para recuperar a súa chamada “normalidade”.
Fronte a esta contundencia na historiografía atopamos incongruencias como que as crónicas árabes ou o propio papado recoñecían ao Reino de Galiza como un reino cristián hexemónico no norte da península ibérica, isto confronta co discurso hexemónico que nega a propia existencia deste reino. A referencia ao Reino de Galiza é continua nas crónicas da época como pode ser nas cartas do papa Urbano II ao rei Afonso VI ou mesmo as memorias de reis como Abb-Allah. O que teñen en común todas as crónicas é que falan sempre de reis galegos e do Reino de Galiza mais voltamos ao mesmo, isto desmonta ese relato histórico que introducimos neste primeiro apartado.
O galego, un idioma de prestixio nun Reino que non existe
Se ben é certo, que nos estudos sobre a lingua e nos manuais académicos adoitamos tocar a evolución da lingua galega ao longo dos séculos, semella contraditoria a crenza que di que o galego foi un idioma de prestixio no contexto da inexistencia dun Reino ou no mellor dos casos, da súa existencia mais cun papel meramente marxinal.
Celso Emilio Ferreiro dixo que o galego é a “lingua proletaria do meu pobo”, e popularmente hai a crenza que o galego sempre foi o idioma das clases populares e dunha minoría intelectual, certo é que en Galiza o poder político e económico na actualidade (mais tamén en séculos anteriores)non fala galego mais debemos entender que isto non sempre foi así. Para isto recomendo ler o libro de Carlos Callón O libro negro da lingua galega o mellor manual para comprender a situación do idioma ao longo dos últimos séculos.
Durante moitos séculos o galego foi o idioma de reis, monarcas, fidalguía, condes… Isto, e ligado co que comentamos anteriormente, bate frontalmente coa idea que afirma que o Reino de Galiza nunca existiu ou que, de existir, foi de nula relevancia.
O galego non só era o idioma de monarcas senón tamén a da lírica e da música, claro exemplo disto son os cancioneiros. O galego era parte da creación literaria, da prosa, dos notarios, etc. Temos que destacar que foi o idioma de xeito maioritario até ben entrado o século XVI para as obras en prosa de tipo científico, para os contratos de foros, contravendas, bandos, acordos, contratos, testamentos… en definitiva, a lingua dos trobadores e xograres. Hai algo que non podemos esquecer é que o galego chegou para substituír as funcións que se desenvolvían en latín, se ben é certo durante bastante tempo aínda sendo o galego o idioma principal na fala, na comunicación escrita seguía a ter a hexemonía o latín, considerada como unha lingua “internacional”.
Tendo claro todo isto, como poden afirmar que o Reino de Galiza era un territorio dependente e marxinal? Queren dicir que a lingua dominante e de prestixio era parte dun reino que non existía? Quizais o que non nos queren dicir é que Galiza realmente era un territorio cun papel central e non marxinal. Un Reino que viviu unha época de esplendor literario, económico e cultural, cun florecemento artístico enorme, a eclosión da arte románica por todo o reino. Como exemplo disto, están as numerosas igrexas que hai ao longo do país, desde as máis cativas nas aldeas até as catedrais, sen obviar loxicamente a Catedral de Santiago, centro de peregrinación cristián. Todo isto demostra unha época de esplendor cultural, político e económico do Reino que, aínda perdendo peso en detrimento de Castela a partir de 1230, xustifica en certo modo ese momento de esplendor do noso idioma xa que esta perda de peso nun primeiro momento non impediu a expansión do galego.
Da existencia do galego algúns estudos falan xa do século VIII e século IX mais é certo que durante varios séculos continuou a ser un idioma de uso oral case en exclusivo xa que, como dixemos anteriormente, o latín seguía a monopolizar a escrita.
Sobre as primeiras mostras de galego escrito tense falado moito, citando diversas obras na que destaca o Foro do Bo Burgo de Castro Caldelas do ano 1228. Desde o meu punto de vista isto é matizábel xa que tendo en conta que o galego e portugués eran o mesmo idioma, a independencia de Portugal non supuxo unha separación idiomática instantánea e, polo tanto, non existían esas distincións, sería máis exacto citar referencias anteriores como pode ser a cantiga de escarnio Ora faz ost´o senhor de Navarra escrito polo trobador Johan Soares Pavia, con distintas datacións que varían do 1196 ao 1200. Tamén outras referencias como a “Notícia de Fiadores” do ano 1175, o “Pacto de Gomes Pais e Ramiro Pais” ou a “Notícia de Torto”, entre outros.
Pouco a pouco, polo tanto, esa presenza total do galego na oralidade, foi trasladada tamén á escrita, nun proceso de extensión que acabou por chegar a documentos científicos, históricos, xudiciais, privados, institucionais, literarios e historiográficos, sendo inexistente a presenza do castelán, xa que ademais como lingua de prestixio acabaría mesmo por ser usada na produción lírica doutras cortes. Isto obedece a que o Reino de Galiza tiña un peso político enorme, e desde o meu punta de vista, un Camiño de Santiago que contribuíu a levar o idioma a outros territorios mediante xograres e trobadores.
Así, aproximadamente até o século XV, o galego foi o idioma de uso normal en todas as clases, estamentos e ámbitos do país, iniciándose neste século un proceso de substitución lingüística -que xa comezara no anterior coa entrada da aristocracia castelá- que afectaría a todos os ámbitos agás no pobo, quen continuou a falar galego de xeito masivo nos seguintes séculos.
Aperda de poder e uns séculos escuros que continúan na actualidade
Aínda que o proceso de substitución comezou paseniñamente en anos anteriores, a chegada dos Reis Católicos supuxo o golpe definitivo para centralizar o poder de Castela, introducir o castelán nos distintos estamentos da vida do Reino de Galiza e polo tanto a desaparición dese idioma de prestixio. Non foi así no outro territorio que se independizou e deu lugar ao que hoxe coñecemos como Portugal, onde o galego continuou a desenvolverse nos seguintes séculos.
A partir deste momento histórico, o galego desaparece practicamente de todos os ámbitos cultos -con honrosas excepcións-, do mundo académico, científico, real… Só houbo un ámbito no que resistiu e chegar aos nosos días, os estamentos populares, que continuaron a falar galego de xeito maioritario.
Nos séculos posteriores, o Rexurdimento, o inicio dos movementos galeguistas e a ditadura franquista xa sabemos o que supuxeron para o idioma mais se hai un fío condutor en todos estes séculos e é que a perda de poder político a partir de 1231 e especialmente no século XV, tivo as mesmas consecuencias que temos na actualidade, onde a falta de poder político provoca que o galego vaia desaparecendo, non teña un ámbito normalizado e polo tanto non poida desenvolverse como en calquera país con soberanía. Así, o certo é que sen ter nas nosas mans todas as ferramentas necesarias para facer do galego un idioma nacional, é moi complicado normalizalo e rachar a decadencia na que está inmerso, algo que como digo, tamén influíu no seu momento coa perda de poder por parte do Reino.
1 comentario en “O galego no Reino de Galiza. Un idioma para un territorio marxinal?”
CITAÇÃO
“Desde o meu punto de vista isto é matizábel xa que tendo en conta que o galego e portugués eran o mesmo idioma, a independencia de Portugal non supuxo unha separación idiomática instantánea e, polo tanto, non existían esas distincións, sería máis exacto citar referencias anteriores como pode ser a cantiga de escarnio Ora faz ost´o senhor de Navarra escrito polo trobador Johan Soares Pavia, con distintas datacións que varían do 1196 ao 1200.”
É redutor afirmar que o idioma português seja descendente directo do galego e que se separou deste por uma mera questão de independência territorial e administrativa.
Tanto é insustentável essa afirmação tanto porque a diocese de Tui entre a Ria de Vigo Até a Foz do Rio Lima em Viana do Castelo perdurou até meados do século XV em plena dinastia de Aviz e após a famigerada batalha de Aljubarrota que Portugal venceu contra Castela. Ou seja, esta parte da Galiza com reino ou sem reino falava a mesma linguaige que o português nortenho muito provavelmente até ao Porto e até algumas partes a sul do Douro litoral e interior.
Mas essa linguaige do sul da Galiza e norte de Portugal não é exclusiva nem da Galiza no seu todo nem em Portugal no seu todo e nomeadamente na parte transmontana de Portugal só para mencionar o Norte oriental português de fala mirandesa ou asturo-leonesa e não de fala galega ou portuguesa.
O mesmo certamente na serras orientais da Sanabria que não falam o galego de Vigo ou de Tui mas igualmente o asturo-leonês de transição.
Depois a partir de Coimbra, Beiras e ao sul do Tejo a linguagem dos portugueses não será o português nortenho nem tampouco o galego de Compostela ou Lugo, como parece querer o autor Borxa Castro sustentar como o Galego puro de onde sai o filho português independentizado de Castela. Isso é um mito de muitos linguistas e filologos que pouco ou nada sabem de geografia ou história.
Sobre o João Soares de Paiva, assim correctamente escrito, porque Paiva é um rio e dá nomes a algumas localidades ao sul do Douro e de onde era a origem do famoso trovador português e da sua família.
Portanto, este João Soares de Paiva nem tampouco nasceu em território galaico mas sim, ao abrigo das administrações romanas, suevas e godas, nasceu em terras lusitanas que ao abrigo das administrações medievais se denominaram Portugalensis Territorium ou nos relatos árabes também medievais, Burtugali.
Assim, seguindo o raciocínio do autor Borxa Castro, se em determinado território que sendo suevo, portucalense mas não historicamente galaico e neste caso parte integrante do já constituído e provavelmente ratificado Reino de Portugal (1179), o documento trovadoresco dirigido ao rei de Navarra pelo autor João Soares de Paiva é 100% português e de galego pouco restará a não ser a sua origem comum do latim bárbaro, oral, de rua, das feiras e mercados, das homilias e que os notários ( sobretudo clérigos) de Vigo, Tui, Braga ou Viseu já se atreviam a escrever na forma como o falavam nas suas próprias localidades.
Era pois muito bonito que o orgulho galego não se queira sobrepor ao orgulho dos portugueses do Minho ao Algarve, passando pelas Beiras, Trás os Montes e Alentejo que sendo todos diferentes no falar, são sem sombra de dúvida portugueses que nada devem a Lugo, Corunha ou Santiago de Compostela na sua maneira de falar.