Podcasts

Conversa con Eva Moreda

Reino de Galiza como lugar de peregrinación. A música e o Códice Calixtino

Eva Moreda é escritora en lingua galega e profesora de musicoloxía na Universidade de Glasgow. 

Con ela conversamos sobre a música e o Códice Calixtino no Camiño de Santiago, o Reino de Galicia como centro de peregrinación. Durante a conversa falamos entre outras cousas sobre representacións musicais na arquitectura, a importancia da música no Camiño mais tamén no Códice Calixtino.

📅 Emitido o mércores 20 de Xullo de 2022 ás 21h.

Podes ver o artigo relacionado aquí.

Conversa con Alexandre P. Vigo

A imaxe do Reino de Galiza, os galegos e a lingua na literatura castelá

Alexandre Peres Vigo é Licenciado en Humanidades pola Universidade da Coruña é doutor neste mesma universidade. Tras exercer a docencia no Ensino Secundario e Bacharelato durante varios anos, actualmente é profesor na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña e é membro do grupo de investigación ILLA. 

A súa liña de investigación céntrase na sociolingüística galega e a orixe e desenvolvemento da galaicofobia. 

É autor de numerosos artigos relacionados coa presenza do estereotipo antigalego na literatura española, así como sobre diferentes aspectos do reino de Galiza. Durante a conversa falamos sobre as orixes da galaicofobia.

📅 Emitido o mércores 31 de agosto de 2022 ás 21h.

Conversa con Carlos Barros Guimeráns

As Revoltas Irmandiñas

Carlos Barros Guimeráns é profesor e historiador de Historia Medieval de Galiza e Historiografía na USC. Director-Fundador da Red Académica Internacional Historia a Debate. Autor de numerosas obras políticas e históricas e entre elas as relacionadas co tema que imos tocar hoxe, as Revoltas Irmandiñas.

📅 Emitido o luns 12 de Setembro ás 21h.

Podes ver o artigo relacionado aquí.

Conversa con Xosé Ramón Ermida Meilán

As revoltas galegas contra Castela entre o século XIII e XV

Xosé Ramón Ermida Meilán é autor de diversas traballos de investigación sobre o Reino da Galiza. Co seu pseudónimo de Cilia Torna ven publicando diversos artigos sobre o tema no xornal Nós Diario e con anterioridade en Sermos Galiza. Entres estes, destacan unha serie sobre Galiza na cartografía medieval mundial, centrando, actualmente as súas pesquisas no estudo das revoltas galegas contra Castela entre o século XIII e o século XV.

📅 Emitido o xoves 15 de setembro de 2022 ás 21h.

Conversa con Manuel Gago

Os viquingos e outros piratas no Reino de Galicia

Manuel Gago é xornalista cultural e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é membro do Grupo de investigación en Novos Medios da USC. Mantén o que se considera o blog en activo máis vello do blogomillo, Capítulo 0. Como divulgador cultural dirixe o portal do Consello da Cultura Galega

📅 Emitido o luns 13 de Outubro ás 21h.

Conversa con Anselmo L. Carreira

Por que o Reino de Galiza desapareceu da historiografía española?

Anselmo López Carreira é profesor e escritor galego. Licenciado e doutorado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Historia no IES María Soliño de Cangas, logo de ter traballado en Celanova, Verín, Santiago, Barcelona e Hannover. 

Foi tamén profesor titor da UNED en Ourense, catedrático de secundaria e historiador ligado ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos. Tamén é autor dunha ampla obra ensaística de investigación histórica, centrada na historia medieval de Galiza mais tamén é coautor de varias historias xerais de Galiza.

📅 Emitido o domingo 23 de Outubro ás 20h.

Conversa con Francisco Rodríguez

A evolución política do Reino Medieval Galego séc X-XV

Francisco Rodríguez é un histórico dirixente do nacionalismo, profesor e escritor quen recentemente acaba de sacar dous tomos do libro “Unha etapa estelar e conflictiva do Reino de Galiza”. Con el conversamos sobre o papel da historiografía española, a presenza do Reino de Galiza en crónicas e fontes, o período comprendido entre o século X e XV e moito máis!

📅 Emitido o mércores 26 de Outubro de 2022 ás 20h30.

Podes ver o artigo relacionado aquí.

Conversa con Héitor Picallo

A historia do escudo de Galiza e a súa presenza no ciclo artúrico

Héitor Picallo é Enxeñeiro Técnico Naval pola USC, escritor que ten publicado numerosos libros e ilustrado obras de diversa tipoloxía.

Colabora na prensa escrita, é autor do ensaio O Escudo do Reino da Galiza: unha (re)visión (inter)nacional (Compostela, Sermos Galiza, 2021), mergulla decote en temas vinculados coa Memoria Histórica e a presenza de Galiza na literatura medieval europea. 

Con el falamos sobre a presenza do escudo do Reino de Galiza en fontes europeas, tamén na literatura máxica, a importancia do Reino na altura e como foi evoluindo o propio escudo ao longo dos séculos.

📅 Emitido o xoves 3 de Novembro ás 20h30.

Podes ver o artigo relacionado aquí.